|
Mouchos, coruxas sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espritos das nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos das manciñeiras.Podres cañotas foradas, fogar dos vermes e alimañas. Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro de mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do satiro e pé de coello. Pecadora lingua de mala muller casada cun home vell. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infrenales cús, muxido da mar embravescida. Barriga inútil da muller solteira, falar do gatos que andan a xaneira, guedella porca da cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella as do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, indose bañar na praia das areas gordas. ¡Oíde, Oíde!, os ruxidos que dan as que no poden deisar de queimarse na aguardente quedando asi purificadas. E cando este brevaxe baise polas nosas gorxas quedaremos libres dos males da nosaialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si é verdade que tendes maís poder ca humana xente, eiquí e agora, facede cos espritos dos amigos que están fora, participen con dós desta Queimada.
|